Alá polo ano 1970 Ramón Blanco Fajardo, Luís Carreño e Ricardo Carreño Outeiral decidiron facer unha carpintería no porto de Aguiño, e puxéronlle o nome de ASTILLEROS AGUIÑO.

No ano 1970 comezaron a facer as instalacións e ó pouco, no ano 1971, fixeron o seu primeiro barco "INTXA-URRONDO". Foi unha das primeiras carpinterías que se creou na zona do Barbanza, xunto ca de Rianxo e a do Freixo.

ASTILLEROS AGUIÑO, comezou cunha plantilla de 6 homes, ata chegar a ter 12. Tardaron cinco anos en facer o varadoiro, construíron unha gran variedade de embarcacións de madeira, tanto de construción tradicional como cas máis modernas técnicas: Auxiliares de Batea, Pesqueiros, Veleiros, Dornas e Botes, para as distintas rías.

Comentar tamén que ASTILLEROS AGUIÑO leva feito nestes anos máis de vinte barcos.

Na actualidade, ASTILLEROS AGUIÑO, só ten un socio fundador, Ramón Blanco Fajardo, que seguiu traballando non só na construción senón tamén en reparacións de todo tipo: dende políéster, ferro, etc., sendo un dos astilleiros máis activos desta zona.

Ramón Blanco Fajardo, hoxe xubilado, pasou a tradición familiar ós seus fillos: Moncho e Jorge Blanco.

 

 

© Todos los derechos reservados. Astilleros de Aguiño S.A .CIF A15205453
Rúa Castelao N63. Aguiño. Código Postal: 15965. Ribeira.A Coruña.
Teléfono: 981.843.124 - Correo electrónico: correo@astillerosaguino.com
Deseña: eclipse Comunicación Dixital S.L.